Nuclear Throne Guide

how to new vegas for Fallout: New Vegas

Nuclear Throne en Galego

Overview

Guía sinxela para cambiar os textos orixinais do Nuclear Throne por unha tradución completa ao galego (ILG-RAG).

Introdución

A presente é unha guía sobre como cambiar os textos orixinais do Nuclear Throne por unha tradución completa ao galego, compatible coa versión máis recente do xogo (update 99). O procedemento é tan sinxelo como substituír un arquivo por outro no directorio de instalación do xogo.

Descarga e instalación

Primeiro de todo, abrimos o directorio de instalación do xogo Nuclear Throne, ao que podemos acceder facilmente desde a biblioteca de Steam.

A continuación, descargamos o ficheiro NT.gal.rar que podemos atopar na seguinte ligazón: [link]

Finalmente, descomprimimos o ficheiro no directorio de instalación do xogo, e substituímos o arquivo lang.ini orixinal polo do ficheiro. Para cargar a tradución en NTT, abonda con escribir na consola o comando /loadloc lang.

Notas finais

Nuclear Throne non ten traducións oficiais. Porén, cambiar os textos do xogo é tan doado que existen múltiples localizacións feitas pola comunidade.

Localizalo ao galego foi para min un bo pretexto para botarlle outro cento de horas a un dos meus xogos favoritos. Espero que vos guste.

SteamSolo.com